Tuesday 07 de May de 2024

Programa municipal de envellecemento activo


O 11 de setembro comezan as actividades organizadas polo Concello de ximnasia, taller de memoria e ioga e relaxación dirixidas a persoas maiores de 60 anos. As persoas xa inscritos poderán incorporarse directamente aos seus respectivos grupos.

 

Aqueles veciños e veciñas interesados en apuntarse por primeira vez poderán facelo os días 19, 20, 21 e 22 de setembro chamando  ao teléfono 981 61 00 00 en horario de 4 a 8 da tarde.